Moi boas, co obxectivo de facilitar a participación das familias no blog, hoxe vos traemos como novidade unha nova proposta de retos, chamados Retos Express.
Van consistir nunha serie de retos sinxelos, como pode ser unha adiviñanza, unha secuencia numérica, completar un refrán...aos que poderedes dar resposta directa na ventá de comentarios que tedes abaixo. Non fai falla nin fotos nin vídeos, só tedes que añadir o comentario, e por un que deixedes, sumaremos un punto na clasificación xeral, así que cantos máis comentemos, máis puntos. Así que non vale ningunha excusa, animádevos!
1. Busca o país ou a cidade
Nesta serie de palabras: amor/ panel/ pagar/ silbar/ acuerdo
2. Lóxica
- Nunha carreira, se o corredor que vai 3º adianta o que está 2º, ¿en qué posición queda?
- Algúns meses teñen 31 días, outros 30, ¿cantos teñen 28 días?
- Nunha peceira hay 10 peixes, e afogan 5 de eles, ¿cántos peixes quedan?
- O pai de Ana ten 4 fillos, Pepe, Pipi, Popo e... ¿quen é o cuarto?
- Un tren eléctrico viaxa dende o norte ata o sur, ¿hacia onde bota o fume?
3. Matemáticas

¿Canto dá o resultado?
4. Completa o refrán
En Maio...
5. Adiviña
Só tres letras teño
pero o teu peso eu sosteño
se me tratas con coidado
levareite a calquer lado
Deixade as vosas respostas na ventá de comentarios aquí abaixo

Comentarios
Publicar un comentario