O CIRCO DO SOL


O CIRCO DO SOL 





Moi boas nenas e nenos!!! 
Esta fin de semana, queremos presentarvos algo fantástico. Algunha vez estivéchedes nun circo? Nós coñecemos un moi especial, que se chama "O circo do sol". Neste circo nárranse historias dunha maneira diferente, a través da música e do baile. Ademais, os contorsionistas, os malabaristas e os trapecistas fan cousas incríbles. 
Esta cuarentena os integrantes deste circo, decidiron colgar na súa paxina web diversos videos cos que podemos disfrutar da fantasía dos seus espectáculos.
Corre a velos premendo no seguinte enlace!!!😁




Comentarios