RETO 12

RETO 12: 17 DE ABRIL 2020

PROBA MENTE EN FORMA: CREAMOS O NOSO PROPIO ARCO DA VELLA!

Moi boas nenos e nenas! xa chega a fin de semana... e con ela traemos un experimento moi interesante. Seredes capaces de crear o voso propio arco da vella? Pois claro que si, imos aló!
Soamente necesitas:
  • Un recipiente transparente con auga.
  • Un pequeno espello.
  • Un folio en branco.
  • Unha lanterna.
A continuación, sigue estos pasos:
  1. Chea o recipiente casi enteiro, con aproximadamente 3/4 partes de líquido.
  2. Coloca o espello no interior do recipiente. Trata de colocalo con coidado para que quede en ángulo na parte inferior, mirando lixeiramente cara arriba.
  3. Oscurece un pouco a habitación e acende a lanterna no espello que esta sumerxido.
  4. Mira o teu arco da vella. Séntete libre de mover a luz que fará que o arco da vella se desplace. 
No seguinte enlace, podes ver con máis claridade o proceso: ARCO DA VELLA
Acordádevos de mandar ao noso correo fapassanjurjodecarricarte@gmail.com as fotos do voso arco da vella. Cantos colores conseguiches? 

 PROBA CORPO EN FORMA: CARA DE GALLETA!

Boas rapaces e rapazas! unha preguntiña... vos gustan as galletas? e que a nos si, e moito! por iso vos traemos este reto tan divertido: COMER UNHA GALLETA SEN MANS.
Si, tal e como acabas de ler, comer unha galleta sen mans, unicamente utilizando os músculos da túa cara. Serás capaz de conseguilo?
No seguinte video podes ver como facelo:
 
Lembra!!

1 foto túa=1 punto

1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto
1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!

Comentarios