RETO 29


PROBA CORPO EN FORMA: O XOGO DOS PANTYS!

Ola a todos e a todas! Qué tal estades? Esperamos que moi ben. 👋🏼

Para un dos últimos retos que nos quedan no blog de “Corpo en forma”, volvimonós un pouco tolos, e teredes que derribar botellas de plástico coa cabeza! 🤷🏽‍♀️ Si si, leichedes ben, coa cabeza 😂 
Pero tranquilos que este reto ten truco, e para facelo necesitaremos unhas medias ou pantys, unha pequena pelota ou bola de papel e varias botellas de plástico. 

O xogo consiste en colocar a pelota dentro das medias ou pantys, poñer as medias na nosa cabeza, e intentar derribar o maior número de botellas de plástica nun minuto, eso si, non poderemos utilizar as maus, so poderemos axudarnos do momevento de cabeza.

Podedes realizar a actividade tantas veces como queirades. Podes competir con un dos membros da túa familia para ver quen e capaz de derribar antes todas as botellas de plástico, ou ben podes xogar ti só, cronometrandote e superando cada vez a túa mellor marca.

A continuación vos deixamos unha imáxen e un video para que vos resulte máis doado de comprender en que consiste o xogo, só tedes que facer click no seguinte enlace. 


 !Canto vos vades rir con este xogo! 😂

PROBA MENTE EN FORMA: ADIVIÑA ADIVIÑANZA

Como reto de “Mente en forma” de hoxe, e para entretervos e darvos que pensar un pouco,  traemosvos unha serie de adiviñanzas que esperamos, e de seguro, que acabades adiviñando. 
Como pista, contárvos que, como xa queda moi pouco para que cheguen as vacacións de verán, ocorréusenos que todas as adiviñazas estén relacionadas con esta tempada, ca praia, a calor, ... ¿Estádes listos?

 Adiviñanza 1: 

En min morren os ríos, 
e por mín os barcos van,
 moi breve é o meu nome, 
tres letras ten, non máis. 

 Adiviñanza 2: 

Leva anos no mar 
e aínda non sabe nadar. 

  Adiviñanza 3: 

Ando sempre en verán, 
unhas veces aberto 
e outras veces pechado. 

 Adiviñanza 4:  

Facendo ruído veñen, 
e facendo ruído vanse;
E cando volvan mañá,
do mesmo xeito se irán. 

 Adiviñanza 5: 

Estou no ceo, 
estou no mar
tamén nas turquesas
e no pavo real. 


Podedes deixarnos as vosas respostas coa solución das adivinanzas abaixo nos comentarios. 👇🏼👇🏼

¡E RECORDADE! 📸

Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando? Animadevos e demoslle entre todos/as o último empuxón a puntuación do noso colexio💪🏼💪🏼💪🏼

Comentarios