RETO 25

PROBA CORPO EN FORMA: O SUPER RETO DA VASOIRA.


Moi boas nenos e nenas, que tal estades? Esperamos que moi ben. 

Para poder realizar o reto de “Corpo en forma” de hoxe, o único material que necesitaredes é unha vasoira. O único que vos pedimos neste reto é, que intentedes ou logredes, facer o mesmo que fixemos nos no video que vos deixamos abaixo. Para elo, teredes que facer os seguintes movementos sen soltar a vasoira: 
  1. Primeiro teredes que pasar as vosas dúas pernas por enriba da vasoira, quedando así as nosas pernas por diante do pau da vasoira. 
  2. Despois deberedes pasar o pau da vasoira por eniba da vosa cabeza, quedando asi o pau da vasoira por diante do noso corpo.
  3. Despois deberedes pasar a vosa perna esquerda por enriba do voso brazo esquerdo e por debaixo do pau da vasoira.
  4. Despois teredes que pasar o voso corpo por debaixo do pau da vasoira, levantar a vosa perna dereita para pasar por debaixo o pau da vasoira.

E listo, acabaredes co pau da vasoira na mesma posición como comezáchedes. 


Pode parecer doado de primeiras verdade? Pois vos aseguramos que non é tan doado como parece.😂
Só vos imos a dar unha pista, para que vos salga ben teredes que colocar correctamente as vosas mans na vasoira (podedes fixarvos ao principio do vídeo)., se facedes isto ben, vos resultará moito mais doado e de seguro que vos acabará saíndo. Estades preparados/as? 💪🏼

PROBA MENTE EN FORMA: O ENIGMA DO AUTOBÚS.

Este difícil (e ao mesmo tempo moi sinxelo) enigma do autobús volveu tolo á rede. O enigma foi lanzado por primeira vez nun programa de televisión chamado National Geographic Brain Games. É un desafío onde entra en xogo a capacidade de observación e a lóxica.
¿Sabedes que estatísticas recolleron sobre as persoas que resolveron o enigma? O 80% das persoas que o resolveron non superan os 10 anos ... ¿Será porque os nenos/as son máis intelixentes e observadores que os adultos? Imos comprobalo. 

A pregunta deste enigma é moi básica: ¿Cara a onde vai o autobús?
Asegurámosvos que a resposta non ten trucos, só tedes que mirar con atención ... 👀


Animamosvos a que presentedes o crebacabezas tamén á vosa familia. Quén o resolverá primeiro? Será certo que os nenos/as son máis rápidos que os adultos? 

¡Saiamos de dúbida!😜

A solución do enigma será colgado no blog o lúns, día 25 de Maio. Activade todos os vosos sentidos para poder resolver este difícil pero a vez fácil crebacabezas. Moito ánimo e moita sorte, confiamos en que lograredes resolvelo. 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼

¡E RECORDADE! 📸
Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo cómo o que subimos nós hoxe realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando? Animadevos e demoslle entre todos/as un empuxón a puntuación do noso colexio💪🏼





Comentarios