Moi boas, esperamos que pasárades unha boa fin de semana. Aquí van os dous retos de hoxe!
Mente en forma: "Crear ovelliñas"
Qué vos parece se creamos unhas ovellas para pasa-lo tempo que esteamos na casa? É moi sinxelo, e tan só necesitamos rolos de papel hixiénico baleiros, algodón. pegamento, tesoiras e un palillo, cousas que normalmente temos na casa. Podedes facer cantas queirades, pero se tedes problemas para durmir, facede moitas e así as poderedes contar se non vos dades quedado durmidos 😂
No seguinte vídeo podedes ver como é o proceso paso a paso:
Corpo en forma: "Adestra con Los Simpson e Star Wars"
Imos con máis adestramentos dos vosos personaxes favoritos, hoxe eleximos a Los Simpson e Star Wars. Podedes facer os dous adestramentos, ou só un. Dentro de cada un tedes 3 opcións a elexir entre os exercicios, facede o que máis vos guste. Boas rutinas para comezar a semana con enerxía!
Premede na imaxen para ir o vídeo.
¡E RECORDADE!
Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?
Comentarios
Publicar un comentario