RETO 21


PROBA MENTE EN FORMA: " Avións de papel".

Para o reto de “Mente en forma” de hoxe traemosvos un divertido xogo, lanzamento de avións de
papel. Pero, para poder facer estos lanzamentos, primeiro temos que saber facer os nosos avións de
papel. A continuación vos deixamos un video que vos vai explicar paso a paso como facer un avión de
papel, é moi doado. Ademáis estamos seguros de que algúns de vos sabedes incluso facer un avión
de papel por vos mesmos. Se non, tamén podedes pedir axuda a algún dos vosos familiares, de seguro
que tamén eles saben e poden axudarvos.

Unha vez feitos os nosos avións de papel, faremos con cartulina ou un anaco de cartón, a nosa "diana" ou “taboleiro” para lanzar os nosos avións de papel. Para facer a "diana" faremos varios buratos (coa axuda do lapis e as tesoiras) de diferentes tamaños, algúns moi grandes, outros grandes, outros medianos e outros máis pequenos. Daremoslle a cada buraco unha puntuación diferente. A continuación deixámosvos unha idea para que poidades  ver e comprender mellor do que estamos a falar.

A maiores, deixámosvos un par de vídeos de diferentes tipos de avións de papel que podedes facer.
Algúns deles están moi chulos!

Agardamos que vos gustase e sobre todo que faigades moitos avións de papel. ✈️

PROBA CORPO EN FORMA:: " Lanzamento de avión de papel "


Unha vez feito o reto de "Mente en forma" de hoxe, só nos queda o mellor, XOGAR!
Fai varios lanzamentos, intentando pasar o teu avión polos diferentes buratos que fixemos ao nosa "diana". Unha vez dominado, podedes xogar e competir con algún dos membros da vosa familia para ver quen obtén a maior puntuación, ou ben podedes xogar vos sos establecendo un tempo, por exemplo 15 minutos, e vendo cal é a vosa puntución nese tempo, sumando as puntuacións de todos os buratos polos que pasou o voso avión na "diana" neses 15 minutos. Unha vez feito esto, tamén podedes intentar superar a vosa mellor marca, ou aumentar ou disminuir os tempos, en vez de 15 minutos 10 ou 15, o que vosoutros queirades!
De seguro que paseredes un bo tempo e que estaredes moi entretidos/as. 😄

¡E RECORDADE! 📸
Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?💪🏼


Comentarios