RETO 20: 6 MAIO 2020
PROBA CORPO EN FORMA: "XOGANDO Á MARIOLA"
Bos días nenas e nenos, que tal todo??
Hoxe propoñémosvos xogar a un xogo tradicional chamado "a mariola": A súa orixe data do século XVI pero xa tiñan xogos similares na Antiga Roma!!
Como xogar?
- Necesitaremos unha superficie plana na que debuxar unha serie de caixas cos números do 1 ao 10.
- Para comezar temos que coller unha pedriña, situarnos xunto ao primeiro número e lanzala: o cadrado no que caiga chamarase "casa" e non se poderá pisar.
- Comeza o circuito saltando á pata coxa nos cadrados: o obxectivo é pasar a pedra de cadrado en cadrado ata cregar ao número 10 sen caerse!!
Pincha na imaxe para ver un vídeo explicativo!!
PROBA MENTE EN FORMA: "CONSTRUINDO O TABOLEIRO"
Agora que podemos saír á rúa e moi boa oportunidade para pintar con tiza no chan, pero, tamén podemos xogar na casa!!
Pincha na imaxe para saber como facer unha mariola na casa!!!
Comentarios
Publicar un comentario