RETO 19


PROBA MENTE EN FORMA: AS NOSAS MANS ESCONDEN ANIMAIS!

Moi boas nenas e nenos!! Comeza unha nova semana e xa queda menos para vencer ao virus!!
Algunha vez pensástedes que coa forma das vosas mans, poderiades facer un montón de debuxos? Pois ainda que soe un pouco raro, así é!
Se pos a túa man sobre un folio e debuxas o seu contorno, poderás facer miles de cousas, soamente tes que deixar voar a túa imaxinación!
A continuación mostramos os animales que se nos ocurriron a nós. Soamente tes que poñer a man nun folio, da mesma maneira que se indica na imaxe e calcar a súa silueta cun rotulador ou cun lapis. Despois, decora o animal ao teu gusto.

   


Que vos parecen? Estamos desexando ver os vosos animaliños!!😻

PROBA CORPO EN FORMA: A BAILAR!
Gustache mover o esqueleto? a nos sí! e estamos seguros de que a ti tamén😉.
Por iso mesmo, neste reto vas ter que bailar!! e esta vez imos deixar que escollas ti o baile que queiras! Podes facer un baile coa túa canción favorita, podes facelo cunha canción que teña que ver co Corona Virus, como esta cumbia...mmm ocorreseche algunha opción máis?
A nos gustannos moito os bailes do Just Dance, se premes nese enlace, podes atopar un montón de coreografías. Además, os bailes de GoNoodle son super divertidos!!! Viste o dos Trolls? É fascinante!!! 
Estamos desexando ver o voso baile!!! Recorda que podes inspirarte nas nosas recomendacións ou inventarte ti un!
Ánimo bailarines e bailarinas😁. 

Lembra!!
1 foto túa=1 punto
1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto
1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!

Comentarios