Proba mente en forma: "Descubre as parellas"
Moi boas, quen non ha xogado algunha vez a descubrir as diferencias entre dúas imaxes. Hoxe vos traemos un xogo parecido, pero neste tedes que encontrar dúas imaxes que sexan iguais.
Sabemos que o principal motivo para realizar este tipo de actividades é o de entreterse, divertirse e pasar o rato. Pero máis aló da diversión, hai outros motivos polos que son moi recomendables:
- Traballar a percepción visual.
- Permite que os nenos estén atentos e concentrados.
- Estimulamos a memoria visual.
- Fomentamos a paciencia, tenacidade e perseverancia
Así que prestade moita atención e a por elo! 💪

Proba corpo en forma: "Serás quen de soster a toalla?"
Neste reto teredes que usar unha toalla, pano ou algo semellante. Vos tumbades cara arriba, e con el dobrado, o colocades na pranta do pe, de maneira que non colgue polos lados, se non, é moi fácil 😝
Unha vez feito isto, tedes que dar unha volta sobre vos mesmos sen que o pano caia, tal e como vedes no vídeo. Sinxelo? A min despois de 79 tomas grabadas, saíume 🙈😂 E a vos??
Ánimo e mandarnos vídeos ou fotos. boa fin de semana!
Lembra!!
1 foto túa=1 punto
1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!
Comentarios
Publicar un comentario