Para entretervos un pouco no día de hoxe traemosvos unha receta moi orixinal e moi sinxela.
A receta tratase de uns ovos recheos que imitan ser pitiños recén saídos do cascarón, qué vos parece?
A receta tratase de uns ovos recheos que imitan ser pitiños recén saídos do cascarón, qué vos parece?
Para facer os nosos pitiños necesitaremos:
- Ovos.
- Cenoria.
- Especie de cravo aromático o aceitunas negras.
- Maionesa.
- Atún.
- Salsa de tomate.
- Leituga (opcional).
Unha vez que teñamos todos os ingredientes, debedes seguir os seguintes pasos:
- Enchemos unha pota ou unha cazola con auga do grifo.
- Poñemos a quentar a pota ou a cazola ao lume. Cando vemos que a auga está quente, poñemos os ovos.
- Cando vemos que a auga comeza a ferver, agardamos 12 minutos e, coa axuda dun maior, retiramos os ovos da auga. Ten moito coidado, a auga está moi quente.
- Unha vez teñamos todos os ovos fora da pota, podemos refrixeralos poñéndoos debaixo do grifo con auga moi fría, ou agardaremos a que se arrefríen co paso do tempo.
- Unha vez que os ovos xa non están quentes, quitamos a cáscara.
- Cando temos todos os ovos sen a cascara, cortamos os ovos, coa axuda dun coitelo, ⅓ do borde superior (podedes intentar cortar o ovo en forma de pico, para que se asemelle máis a cascara dun ovo). Con moito coidado e axuda dun maior, quitamoslles as xemas de dentro.
- Unha vez que teñamos os ovos, preparamos o recheo. Para iso colocamos nun recipiente ou prato ondo: o atún, un chorrito de salsa de tomate, un pouco de maionesa e as xemas dos nosos ovos cocidos. Facemos unha mestura con todos estes ingredientes e deixámola repousar.
- Despois, tomamos os ovos e enchemolos coa mestura anteriormente preparada. Despois volvemos a unir as partes do ovo coma se fosen un.
- Neste punto, só nos queda decoralos. Preparamos a cenoria en tiras para as patas e en triángulos para os picos dos nosos pitiños, o cravo aromático ou as aceitunas negras son para os ollos. Se queredes, podedes preparar o niño dos pitiños con follas de leituga.
E xa está listo! Xa temos os nosos pitiños feitos, verdade que foi moi doado?
A continuación vos deixamos o enlace a dous video que explican tamén esta receta. A pesar de non
realizar os pasos exactamente iguais aos nosos, poden axudarvos a ahora de visualizar a realización
dos ovos.
realizar os pasos exactamente iguais aos nosos, poden axudarvos a ahora de visualizar a realización
dos ovos.
Agardamos que vos gustase, estamos seguros de que vos salieron uns pitiños exquisitos.
Comentarios
Publicar un comentario