CURTAMETRAXE: "Parcialmente nuboso"

Ola a todos e a todas! 👋🏼

Para entretervos un pouco no día de hoxe traemosvos unha curtametraxe, a cal nos fará reflexionar un pouquiño sobre certos aspectos. Titulase “Parcialmente nuboso”, e tratase dun hermoso curtametraxe da factoría de Pixar (a que moitos/as de vos coñeceredes polas súas películas) que nos fai reflexionar sobre a necesidade de aceptarnos tal e como somos, e de como a amistad rompe calquer barreira. O gran encanto e mérito de este curtametraxe é poder mostrarnos e contarnos en poucos minutos unha historia efectiva acerca da amizade, da lealdade, e do compromiso. 


Este curtametraxe está escenificada no ceo, onde as nubes son as encargadas de crear os bebés e os animaliños para que as cegoñas, que son os seus socios, os distribúan por toda a Terra, levando a cada un ao seu hogar. Gus, o protagonista desta história, é unha nube grisácea, solitaria e insegura pero tamén é mestre na creación de bebés perigosos (crocodilos, tiburóns, ourizos, ...), o que significa un gran problema para Peck, a cegoña socia de Gus, que é a encarga de entregar aos bebés creados por Gus a onde corresponda. A medida que as creacións de Gus comezan a facerse cada vez máis e máis perigosas, o traballo de Peck estase volvendo  cada vez máis difícil e duro.


Cómo creedes que a nube Gus e o seu socio, a cegoña Peck, resolverán todo isto? Podedes deixarnos a vosa opinión do que ocorrerá, antes de ver a curtametraxe,  abaixo nos comentarios. 👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼

A continuación vos deixamos o enlace a curtametraxe, que esperamos que disfrutedes e que vos guste.
😉



Comentarios