CURTAMETRAXE: "For the birds"

Ola a todos e a todas! 👋🏼

Para entretervos un pouco no día de hoxe traemosvos unha curtametraxe, a cal nos fará reflexionar un pouquiño sobre certos aspectos. Titulase For the birds, o que se traduce no noso idioma Para os paxaros”, tratase dun hermoso curtametraxe da factoría de Pixar (a que moitos/as de vos coñeceredes polas súas películas) que nos fai reflexionar sobre o encanto que pode ter ser diferente. Este curtametraxe recibeu no ano 2001 un Oscar ao mellor corto de animación, xunto cun premio Annie e outra mención no Festival de Sitges. O gran mérito de este curtametraxe é poder mostrarnos e contarnos en poucos minutos unha historia efectiva acerca da convivencia, da inclusión e da aceptación. 

Esta curtametraxe está escenificada nun cable de teléfono, onde 15 pequenas e idénticas aves comenzan a pousarse sobre dito cable. De súpeto, aparece unha nova personaxe, unha ave máis grande, pintoresca e diferente a elas. Esta chamativa ave aproximase e saluda ao resto entusiasma. O resto de aves, confusas pola súa apariencia, burlanse dela pola súa apariencia, a pesar de que esta chamativa ave non se rinde e volve a botarlles un sonriso, recibindo so como resposta máis burlas. Este ave chamativa non se rinde e decide pousarse no cable de teléfono xunto a elas. O problema e que esta ave é tan grande e pesa tanto que pon en perigo, sen percatarse, a seguridade das outras aves. Estas alteradas, fan todo o posible para facer caer a ave chamativa, pero as cousas non saen como as 15 aves esperaban e a raíz disto aprenden unha importante e significativa lección. 

Qué creedes que é o que ocorre ao final do curtametraxe? E qué lección creedes que aprenderon as 15 pequenas aves? Podedes deixarnos a vosa opinión e as vosas respostas, antes de ver a curtametraxe,  abaixo nos comentarios. 👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼


A continuación vos deixamos o enlace a curtametraxe, que esperamos que disfrutedes e que vos guste.😉





Comentarios