RETO 9:

PROBA CORPO EN FORMA: "Pilates con peluches"



Ola familias, qué tal estades hoxe? Agardamos que todos ben. Alegranos moito vervos un día máis por aquí! 😃
Para a actividade de hoxe pedimosvos que vos coloquedes encima dunha esterilla, no caso de que teñades, ou nunha alfombra. Colocade a un lado da esterilla unha pequena pila de peluches, e no outro lado unha caixa, un cesto ou unha papeleira. Unha vez teñamos todo preparado, poñemonos mans a obra.


A actividade consiste en deitarse na esterilla/alfombra, intentar coller un peluche cos pés e depositalo na caixa que colocamos ao outro lado da esterilla/alfombra, só coa axuda dos nosos pés.


Podedes realizar a actividade tantas veces como queirades. Podes competir con un dos membros da túa familia para ver quen consegue transportar antes todos os peluches dun lugar a outro, ou ben podes xogar ti só, cronometrandote e superando cada vez a túa mellor marca.


A continuación vos deixamos unha imáxen para que vos resulte máis doado de comprender. 




A qué parece divertido? Imos alo! 💪.


MENTE EN FORMA: "Un barco cargado de...": 

A actividade "Mente en forma" que vos traemos hoxe é moi sinxela e divertida. Para comezar só temos que empezar o xogo coa frase: "De la Habana ha venido un barco cargadito de...". Despois da frase debemos engadir unha categoría, como poden ser: comida, profesións, animais, cores, palabras que comecen pola letra A, etc. . Cada participante dirá unha palabra que pertence a esa categoría establecida, é dicir, se a categoría escollida é, por exemplo, animais, só podemos dicir tipos de animais. Serán eliminadas aquelas persoas que non poidan continuar porque non recordan ou non saben ningunha palabra máis. E así sucesivamente ata que só quede unha persoa, que se converterá no gañador. 

Se queremos complicar un pouco máis esta actividade, podemos establecer a regra de que a persoa que ten que dicir unha palabra tamén debe dicir todas as palabras anteriores ditas polo resto de participantes, é dicir, o primeiro participante tería que dicir "Da Habana veu un barco cargado de .... xirafas", ao que o segundo participante tería que responder" Da Habana veu un barco cargado de xirafas e tiburóns ", e así sucesivamente.


Conseguiche gañar a todos os membros da túa familia? Pois por último... A FOTO DA VICTORIA! Podes enviarnos unha foto de ti mesmo co teu trofeo da vitoria (deseñado por ti mesmo, ao teu gusto, nunha folla de papel) ou enviarnos un vídeo de recordo dunha das rondas que fagas en familia xogando a este xogo. Agardamos a vosas respostas! 🏆🥇

¡E RECORDADE! Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?

Comentarios