RETO 8

RETO 8: 8 DE ABRIL 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "TRIVIAL: A VER SE O ACERTAS!"

Ola nenos e nenas, que tal vai a vosa semana? 

Neste reto, propoñemos un trivial de 20 preguntas. Serás capaz de acertalas? seguro? algunhas son moi dificiles e vas ter que pensar un montón! pero sabemos que o conseguiras💪.
Aqui van as cuestións:

1. Cal é a comida favorita de Bugs Bunny?

2. Como se chama o restaurante onde traballa Bob Esponja?

3. Como se chama o mono de Marco?

4. Doraemon ven do futuro para axudar a Nobita, pero cal é o nome de Xigante?

5. Quen é o bombeiro da Patrulla Canina?

6. Que animal traballa como axente secreto en ‘Phineas y Ferb’?

7. Como se chama a mascota de Bob esponja?

8. Como se chama o can de Mickey Mouse?

9. Como se chama o cabalo de ‘Toy Story’?

10. De qué traballa Sebastián, o cangrexo de ‘La Sirenita’?

11. Cantos meses do ano teñen 28 días?

12. Como se chaman os animais que nacen dun ovo?

13. Quen é o único capaz de falar todos os idiomas do mundo?

14. Qué é aquelo que todo o mundo toma pero que nadie se leva?

15. Cal é o número que, si lle quitas a metade, é un 0?

16. Que é o que todo o mundo fai ao despertar?

17. De que color son as mangas do chaleco verde de Pablo?

18. Quen é o único que non perde nun partido de fútbol?

19. Quen foi deixando trocitos de pan para encontrar o camiño de volta a casa?

20. De que color é a roupa de Peter Pan? 

As solucións as colgaremos a tarde do domingo. Moita sorte🍀.
Recordade que podes enviarnos o reto ao correo: fapassanjurjodecarricarte@gmail.com

PROBA CORPO EN FORMA: "ADESTRA COMA OS TEUS PERSONAXES FAVORITOS"

Moi boas, como estades? Un pouco cansos de estar na casa, non? Como tódolos retos que propoñemos, queremos que levantedes o ánimo e vos animedes, que xa queda un día menos. Unha das mellores maneiras é manternos activos, polo que hoxe traemos unhas rutinas de adestramento moi chulas, que seguro que vos gustarán. Quen non ha querido poñerse algunha vez, na pel do seu personaxe favorito de debuxos? Pois iso o vamos a facer gracias a estas rutinas basadas en Harry Potter e Pokemon. Podedes elexir ou facer as dúas, como queirades, ó importante é mover o corpo!!

https://www.youtube.com/watch?v=VW_ST68v8TM&t=135s

https://www.youtube.com/watch?v=NTcvqBgiT8I

Comentarios