RETO 5

Reto 5


PROBA CORPO EN FORMA: "Coreografía - Con calma

Boas xente, qué tal? Sabemos que o exercicio é imprescindible para levar un estilo de vida saudable, pero moito máis neste período onde hai que quedar na casa, e non podemos facer todas esas actividades que realizamos no noso día a día. Por iso, hoxe queremos contribuír a que non perdades á forma física e, de paso, disfrutedes dun rato agradable bailando e exercitando ó corpo o mesmo tempo, cunha coreografía que, esperemos, animedes ó resto da vosa familia a unirse a facela, cantos máis mellor e máis divertido! Son sencillos movementos que tedes que coordinar coa música. Vos deixamos o link da canción, que seguro que vos soa. Que non decaian eses ánimos!!

https://www.youtube.com/watch?v=bNTRIdraX8c




PROBA MENTE EN FORMA: "Experimento sobre como facer flotar unha pelota de papel".


Ola a todos e a todas! Que tal estades? Esperamos que moi ben. 


No reto de hoxe traémosvos un experimento moi divertido que nos permitirá facer flotar unhas pelotas de papel. Este experimento podería ser fácilmente un truco de maxia, pero en realidade trátase dun maravilloso exemplo do principio de Bernaoulli, o cal permite que aqueles obxectos que son máis pesados que o aire, poidan chegar a flotar. Algo moi parecido, para que vos fagades unha idea, é o que sucede cos avións cando voan e se manteñen no aire. 


Por iso, a actividade de hoxe non só se trata dun reto, senón que tamén é un experimento moi divertido. Balancear a pelota para conseguir que poida flotar é unha tarefa que require de moita concentración e paciencia, pero ben é certo que, unha vez o teñades dominado, pode convertirse nun gran xogo no cal poderedes competir de diferentes maneiras: a ver quen consigue que a pelota flote máis tempo, a ver quen é o que chega máis alto coa pelota no aire sen deixala caer ao chan, etc.

Para poder realizar dito experimento necesitaremos os seguintes materiais:
  • 1 palliña de punta flexible.
  • 1 cartolina ou 1 folio.
  • Cinta adhesiva ou fixo.
  • Tesoiras.
  • Lapis e goma.
  • Regra.
  • Papel de aluminio/ folio. 


Unha vez teñamos todos os materiais, daremos paso á realización do noso experimento. Para elo, deberemos ter en conta os seguintes pasos:




1. Sobre o papel/cartolina, trazamos un círculo de aproximadamente uns 15 cm. de diámetro. Para facelo, no noso caso utilizamos un recipiente como o que aparece na imaxe. 








2. Unha vez teñamos debuxados os nosos circulos, recortamolos coa axuda das tesoiras. 









3. Unha vez recortados os círculos, trazamos unha linea recta (coa axuda, se queredes, dunha regra para que vos sexa mais doado) dende un extremo do círculo ata o centro do mesmo.





4. Recortamos seguindo a línea que debuxamos no paso anterior, deixando un oco no círculo como vedes na imaxe. 






5. Dobramos unha palliña creando un ángulo de 90 grados.










6. Colocamos o círculo arredor da palliña facendo a forma dun cono e asegurámonos de que quede ben firme poñendo fixo ou cinta adhesiva ó seu arredor. 






7. Crea as túas propias pelotas con papel de aluminio ou papel de folio envolvéndoo en forma de bola. Tamén podedes empregar pelotas de ping-pong en caso de que as teñades na casa. 







8. Finalmente decoraremos o noso soprador da forma que máis nos guste. Nós fixémolo desta forma. 






E xa está listo! Xa temos os nosos sopradores feitos! Verdade que foi moi doado?


Pois agora queda o mellor, practicar e xogar con eles! A que estades esperando? A soprar!!!


¡E RECORDADE! Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo cómo o que subimos nós hoxe realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?