RETO 17

MENTE EN FORMA: "TIBURÓN BOLICHE"🦈


Ola a todos e a todas! Que tal estades? Esperamos que moi ben. 

No reto de hoxe traémosvos un xogo chamado "Boliche". Este xogo consiste en meter a bola no cubilete ou, neste caso, poñer o peixe na boca do tiburón, ou poñer a abella na flor.


Para facer o noso “boliche”precisaremos os seguintes materiais:

  • Botella de plástico baleira.
  • Tesoiras ou cútter.
  • Un anaco de cordel. 
  • Un huevito dos que veñen nos ovos de chocolate con sorpresas no seu interior. 
  • Rotuladores. 


Unha vez teñamos todos os materiais, daremos paso á realización do noso “boliche”. Para a realización da botella, teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Collemos a botella baleira e debuxamos cun rotulador a silueta do que queremos facer (se é un tiburón, un tiburón; se é unha flor, unha flor, etc.), neste caso debuxaremos un tiburón.
  2. Unha vez temos a botella debuxada, con moito coidado e coa axuda de alguén maior, cortamos a botella coa forma que queremos darlle usando as liñas que anteriormente debuxamos co rotulador.
  3. Pintamos con rotuladores o resto da botella para dar forma, neste caso, ao tiburón. Tamén podemos engadir detalles como as aletas, podemolas facer con cartón ou con un folio, pintamolos coma o resto cun rotulador e pegamolos á botella.
  4. Unha vez temos toda a botella dibuxada, con moito coidado e coa axuda de alguén maior, facemos un burato na tapa da botella.
  5. Introducimos o cordón polo burato que fixemos no paso anterior e facemos un nó para que o cordón non saia da botella.





Un vez tenemos a botella feita, pasamos á realización do ovo amarelo, neste caso decidimos que se tratase dun pequeno peixe.

  1. Primeiro debuxamos cun rotulador a silueta do que queremos facer, o peixe pequeno.
  2. Unha vez que temos o ovo amarelo debuxado, con moito coidado e coa axuda de alguén maior, facemos un burato no fondo do ovo amarelo.
  3. Introducimos a través do burato que fixemos no paso anterior a mesma corda que usabamos para o tiburón (deste xeito xuntaranse) e atamos un nó para que a corda non saia do ovo amarelo.
  4. Pintamos con rotuladores o resto do ovo amarelo para dar forma, neste caso, ao noso peixe pequeno.


E xa está listo! Xa temos os nosos “boliches” feitos! Verdade que non foi tan difícil?

Podedes facer o deseño que máis os guste, ou mellor aindo, podedes facer varios deseños. A continuación vos deixamos algunhas imaxes con varias ideas, para que poidades escoller a que máis vos guste, os pasos a seguir son sempre os mesmos ca os anteriores independentemente do diseño que escollades. 





E agora queda o mellor, practicar e xogar con eles! A qué estades esperando?


CORPO EN FORMA: "PREPARADOS, LISTOS, XA!"🏃🏽‍♀️


Si, incluso en pequenos pisos podense facer carreiras. Pensade no percorrido máis longa posible (desde a cociña ata o dormitorio máis afastado, por exemplo). Despexade o camiño o máximo posible e: A correr! Podedes realizar a actividade tantas veces como queirades, cantas máis mellor, porsuposto. Podedes xogar sós cronometrandoos e sempre intentanto bater a vosa mellor marca, ou ben  competir con algún dos membros das vosas familias, pero como facelo ao mesmo tempo pode ser demasiado perigoso (con caídas e empuxadas en tan pouco espazo), podedes cronometrar  tempos e realizar carreiras por quendas.

Outra alternativa que pode resultarnos máis divertida (e máis esgotadora), é facer a carreira !A 4 patas! Inventadevos que é unha carreira de cans ou de cabalos ... o que queirades, asegurámosvos que riredes moito. Neste modo de carreiras, a diferenza das anteriores, pode ser divertido correr ao mesmo tempo.


Pero…. como podemos complicalo ainda máis? Moi doado, podedes poñer obstáculos que teñades que saltar, rodear… o que se vos ocorra; improvisar e sobre todo, pasadeo moi moi ben. 😃




¡E RECORDADE! 

Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?📸

Comentarios