RETO 16: 27 ABRIL 2020
PROBA CORPO EN FORMA: "MALABARES"
Comezaremos practicando cunha soa pelota (pode ser unha mandarina, unha mazá... o que teñades por casa). Se conseguides facer os exercizos cunha pasaremos a 2 e despois, a 3!!
Ímosvos compartir un vídeo moi sinxelo co que poderedes comezar a practicar.
O noso consello é que repitades unhas 10 veces cada exercizo para controlar moi ben cada paso. Preparados/as?
Pincha na imaxe!
PROBA MENTE EN FORMA: "CADÁVER EXQUISITO"
Este será un debuxo en grupo, de tantas persoas como queiras:
- O primeiro paso é coller un folio en branco e dobralo tantas veces como xogadores haxa.
- Despois, cada xogador debuxará nunha desas dobreces sen que os demais o vexan.
- Por último, desdobrarase a folla e veremos o resultado final!
Antes de comezar, podedes acordar, por exemplo, debuxar unha persoa: na primeira dobrez irá a cabeza, na segunda o tronco e na terceira as pernas.
Deixámosvos algúns exemplos!


Lembra!!
1 foto túa=1 punto
1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto
1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!
1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!
Comentarios
Publicar un comentario