Mente en forma: "Contos infantís"
Moi boas, cómo vai a semana? Con motivo de que mañá é o día do libro, propoñémosvos un reto relacionado con contos infantís, que a maioría coñeceredes. Cada título do conto vai estar representado por emoticonos. e a través das pistas teredes que descifrar o título. Sinxelo, verdade? Pois animádevos e intentade adiviñar os máximos que poidades.
Dependendo das respostas vosas que recibamos, poñeremos ás solucións a vindeira fin de semana. así que mellor forma que darlle traballo a mente!
Corpo en forma: "Baila con la escoba"
Tedes unha vasoira e gañas de mover o corpo? E se ademáis, vos dicimos que pode soar o voso nome na canción. Podedes descubrilo a partir do seguinte enlace, no que vos mostro un exemplo co meu nome. Se queredes poñer o voso, tedes que escribir en Youtube, "Tina y Tin + voso nome". Se non vos aparece, podedes facer o baile de todas formas con outro nome da vosa familia, e xa estaredes preparados para o reto.
https://www.youtube.com/watch?v=wMB4AIE5NUI
Vos gusta ver o nome do noso colexio abaixo na clasificación? A nos tampouco, así que mellor que mandar un montón de vídeos dos retos e comezar a subir postos, eso si sería unha remontada. Imos a por elo 😎
Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?
Comentarios
Publicar un comentario