MENTE EN FORMA: "QUEN SON?"
Moi boas nenos e nenas, qué tal estades? Esperamos que estedes ben e que tiverades un bo fin de semana para comezar con máis gañas e enerxía, se cabe, esta nova semana. 💪🏼
Para a actividade de "Mente en forma" que vos traemos hoxe non precisamos máis que a nosa mente, e a verdade é que é unha actividade moi divertida e moi sinxela, así que imos alo.
Primeiro, eleximos a un membro da familia para que pense nun personaxe de debuxos animados ou dalgún conto que coñezamos, por exemplo a nos ocurreusenos "Mickey mouse”. Esa persoa terá que describir mediante mímica e xestos o personaxe que elixeu, para que o resto da familia intente adiviñalo o antes posible.
Quén foi capaz de adiviñar o personaxe máis rápido? E qué membro da familia adiviñou maís veces de que personaxe se trataba? Agardamos que nos contedes todo, e aínda mellor, que nos enviedes moitas fotos e vídeos xogando a este xogo en familia, pero sobre todo, agardamos que vos guste! 😄
CORPO EN FORMA: "¡CANASTA!"
Para a actividade de "Corpo en forma" de hoxe, traémosvos un deporte, que pola pista que vos demos no título da actividade asumimos que xa sabedes cal é. Si, é o baloncesto, porque non precisamos saír da casa para poder facer un par de lanzamentos á canasta, non si? Qué vos parece?
Para levar a cabo esta actividade só precisaremos unha papeleira ou cubo baleira que teñamos por casa e unha pequena pelota, aínda que se non tedes podedes usar bolas de papel ou un rolo de papel hixiénico.
A actividade consiste en realizar lanzamentos a canasta, pero para que non sexa tan sinxelo, podemos complicar os lanzamentos unha vez os teñamos dominamos. Como podemos complicalos? Moi doado, podemos poñer a papeleira, ou mellor dito o que nos chamaremos a nosa "canasta" a diferentes alturas, a diferentes distancias, podemos tentar lanzar cos ollos pechados, con impedimentos que teñamos que evitar, etc., todo o que se vos ocorra.
Podedes realizar a actividade tantas veces como queirades, cantas máis mellor, porsuposto. Podedes competir con algún dos membros das vosas familias a ver quen é capaz de encestar máis veces a pelota na canasta, ou ben, podedes xogar sós contando o número de lanzamentos que sodes capaces de encanastar, facendo algún dos impedimentos que vos explicamos anteriormente e sempre intentanto superar a vosa mellor marca.
Esperamos ansiosos que vos guste, que vos animedes a xogar un pouquiño ao noso baloncesto na casa e que nos enviedes moitas fotos e videos xogando. 📸🏀
Comentarios
Publicar un comentario