MENTE EN FORMA: " O FUROR" 🎤
Para a actividade de "Mente en forma" que vos traemos hoxe non precisamos máis que a nosa mente. A actividade que vos propoñemos hoxe é unha versión do famoso xogo chamado "Furor". A actividade é moi divertida e moi sinxela, así que imos a ela!
Unha persoa ou membro da familia dirá unha palabra, por exemplo "mar", mentres que o resto da familia terá que pensar e cantar, seguindo un orden, unha canción que conteña esa palabra, por exemplo a nos ocurreusenos un fragmento dunha das cancións que aparece na película da Sirenita que dí:
“ Bajo del mar, bajo del mar
Vives contenta siendo sirena
Eres feliz
Se que trabajan sin parar
Y bajo el sol para variar
Mientra nosotros siempre flotamos
Bajo del mar … “
Seguro que moitos/as de vós a coñecedes, non si?
Por último só unha cousa máis, eliminaranse aquelas persoas que non puidesen continuar porque non recordan ou non coñecen ningunha canción con esa palabra, deste xeito, chegaremos a un momento en que só quede unha persoa a cal se converterá no gañador/a do xogo ou da partida.
Vos asegurámos que é unha actividade moi divertida, coa que podedes pasar un bo rato en familia.
PROBA CORPO EN FORMA: "CARREIRA CON PELUCHES" 🏃🏽♀️
A qué parece divertido? Esperamos que vos guste! 💪
¡E RECORDADE! Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?
Para a actividade de "Corpo en forma" de hoxe necesitamos que faigades un percorrido con botellas ou rolos de papel hixiénico como se mostra na imaxe, un despois do outro en liña recta. Despois, colocade un par de peluches ao final do percorrido feito. Unha vez teñamos o noso percorrido a punto, o que teremos que facer é:
- Pasar a catro patas o percorrido que fixemos anteriormente sen derrubar ningunha botella/rolo de papel hixiénico.
- Una vez cheguemos ao final colleremos un dos peluches que deixamos para transportalo ata o principio do noso percorrido formado por botellas/rolos de papel hixiénico.
- Atravesaremos o percorrido de regreso cos nosos peluches desta vez, en vez de a catro patas, en zing zang.
- Repite o percorrido ata transportar todos os peluches dun lado ao outro.
A continuación deixamosvos unha imáxen dun dos primeiros pasos, para que vos resulte máis doado de entender.
Podedes realizar a actividade tantas veces como queirades. Podedes competir con un dos membros da vosa familia para ver quen consegue transportar antes todos os peluches dun lado a outro, ou ben, podes xogar só cronometrandote e superando cada vez a túa mellor marca.
¡E RECORDADE! Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?
Comentarios
Publicar un comentario