RETO 10
Mente en forma: "Trabalinguas"
Moi boas, esperemos que pasárades un bo fin de semana e que afrontedes con gañas esta nova que comeza. A ver quen é capaz de recitar os trabalinguas que vos deixamos no enlace. Se os podedes dicir de seguido, sen trabucaros, mellor ca mellor, ou se vos é moi difícil, máis despacio, como vexades. Contade cantos intentos necesitastes para rematalos! https://www.mundoprimaria.com/trabalenguas/trabalenguas-dificiles Corpo en forma: "Xogo dos días da semana"
E para activar o corpo neste principio de semana, imos cunha actividades na que só necesitaredes unha pelota e paredes. Tedes que ir facendo como vedes no vídeo, cada día da semana ten un movemento distinto, moi doados, así que por que non facer os sete? https://www.youtube.com/watch?v=vrSUn7CBKe0 Agardamos as vosas respostas! :) ¡E RECORDADE! Se enviades unha foto vosa realizando cada proba ao noso correo de contacto (fapassanjurjodecarricarte@gmail.com) gañaredes 1 punto; Se polo contrario, nos enviades un vídeo realizando os exercicios, o premio será de 10 puntos. A que estádes esperando?
Comentarios
Publicar un comentario