OBRA DE TEATRO: "El viaje de Tris"


Quen dixo que tiñas que marchar de casa para ver unha boa obra de teatro? De feito, hoxe traémosche unha obra de teatro titulada "El Viaje de Tris". Este é un musical único e
novedoso, unha historia emocionante para toda a familia onde o telón de fondo é unha mensaxe
optimista e esperanzadora sobre o Alzheimer.
A trama de "El Viaje de Tris" céntrase en Mendoza, o protagonista, un home cuxa vida está ligada a
unha antiga biblioteca que logo terá que abandonar debido á súa inminente xubilación. A súa paixón
pola lectura e os seus ameazados recordos levarán ao espectador con bo humor a diferentes aventuras
con piratas, inspectores e princesas.
Poderedes visualizar dita obra facendo clic na seguinte ligazón



Agardamos que vos guste tanto coma nós 😃

Comentarios