Como sabedes (ou se non, volo recordamos), o domingo celebrase o día da nai. Con este motivo pareceunos unha boa idea conmemoralo facendo algunha manualidade que podades regalar as vosas nais neste día.
Ocurréusenos que, que mellor agasallo que facer un marco de fotos cas nosas propias mans, no cal poidamos poñer unha foto que nos enche de recordos e de bos momentos, ademáis de decorar os recunchos da nosa casa.
Para facer o noso marco de fotos precisaremos os seguintes materiais:
- 4 Palliñas de plástico ou de papel.
- Tesoiras.
- Cordón, la ou fío.
- Regra.
- Lapis ou rotulador.
- 1 Foto.
Unha vez teñamos todos os materiais, daremos paso á realización do noso marco de fotos. Para elo, deberemos ter en conta os seguintes pasos:
- O primeiro que temos que facer é escoller a foto que queremos colocar no noso marco.
- Unha vez escollida a foto, colocamos a cada lado de esta unha palliña.
- Unha vez que temos as catro palliñas no lugar, tomamos (cun lapis ou rotulador) a medida que ocupa a foto nas nosas palliñas, e recortamos a parte da palliña sobrante (mellor cadrar que a parte sobrante da palliña sea a parte da palliña que se póde dobrar para que así o noso marco fotográfico sea máis firme, é dicir, é mellor deixar a parte da palliña que non se pode dobrar sen cortar).
- Unha vez que teñamos as catro palliñas cortadas á mesma medida que a nosa foto, faremos a cada palliña un corte pola metade, do principio ao final.
- Tamén teremos que cortar un anaco de la/cordón/fío, co que poidamos colgar o cadro de fotos na parede, duns 35 cm de longo.
- Collemos cada extremo do fío e atamos un nó.
- Introducimos parte do fío polo interior da palliña que colocaremos na parte superior da foto, a través do corte que fixemos anteriormente.
- Pasamos os lados da foto dentro das rañuras que fixemos en cada palla.
E xa está listo! Xa temos os nosos marcos de fotos feitos! Verdade que foi moi doado?
Podedes decorar o voso marco de fotos ao voso gusto, facendo debuxos nas palliñas con rotuladores, colocando pegatinas, etc.
A continuación vos deixamos o enlace a un video que explica todo o proceso por se vos resulte máis doado de entender.
Ademais deixámosvos un par de deseños máis dalgúns marcos de fotos que atopamos e que tamén son moi doados de facer. Así, podes escoller o deseño que máis vos guste ou incluso facer varios deseños.
Comentarios
Publicar un comentario