A técnica e o conto da tartaruga


A técnica da tartaruga é unha dinámica pra mellorar o autocontrol. Úsase bastante con éxito en nenos que teñan dificultades pra expresar adecuadamente as súas emocións, xeralmente ira e frustración. A cotío teñen explosións ou conductas agresivas cando non consiguen oque queren ou algo lles molesta.

Con esta ténica axudámoslles a que poidan demorar un pouco a súa resposta ante estas situacións e, desta maneira, permitimos que baixen a intensidade das súas emocións.

https://youtu.be/lC8huerUoI0


¿Qué queremos conseguir?

- Que o neno sexa capaz de controlar a súa conducta ante situacións estresantes ou que lle xeneren rabia.

- Que sexa capaz de expresar as súas emocións dunha maneira adecuada, nin agresiva nn hostil.

- Que gañe en autocontrol e reduza a impulsividade

¿Como o aplicamos?

Lémoslle o conto da tartaruga. Buscamos exemplos nos comportamentos do neno para que se identifique co personaxe que o protagoniza. É ensinado a responder á palabra "tartaruga" pechando os ollos, pegando os brazos ao corpo, baixando a cabeza ao mesmo tempo que o coloca entre os ombreiros e retírase como unha tartaruga na súa cuncha.
Explicámoslle que cando o vexamos moi nervioso, ou con rabia, diremos a palabra "tartaruga" para que saiba que é un bo momento para parar e pensar.

É importante que aprenda a coñecer e canalizar as súas emocións. Non esquezas reforzar positivamente con eloxios cando o neno sexa capaz de poñer en práctica "A Tartaruga"


Conto da tartaruga: https://www.youtube.com/watch?v=riwGSIUkXRs

Comentarios