RETO 4

RETO 4: 30 DE MARZO DE 2020

PROBA MENTE E CORPO EN FORMA: "PEGADAS DIVERTIDAS"


Ola a todos e a todas!!! Que tal o pasastedes esta fin de semana? Esperamos que ben! Nós imos comezar o luns con moitas forzas! Queredes saber como? Pois  facendo este pedazo de reto, o cal consiste en realizar un circuito de pegadas de cores, e cando esté listo... saltar sobre elas!



Para poder facer as tuas pegadas unicamente necesitas papeles de cores, un lapis, unha goma e unhas tesoiras. Podes axudarte dun zapato ou do teu propio pé para marcar a silueta da pegada, unha vez a teñas lista podes recortala! Fai tantas pegadas como ti queiras.


A continuación pega un pouquiño de celo pola parte de atras das tuas pegadas, para que cando saltes encima delas non se descoloquen. Por último diseña o teu propio circuito e...a saltar!!! Podes poñelas xuntas, separadas, mirando á esquerda, á dereita ou incluso do revés.
No seguinte video podes ver o circuito que nós creamos, agardamos con ansias ver o teu!






Lembra!!

1 foto túa=1 punto

1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto
1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!