RETO 2


RETO 2: 25 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Creando o noso propio lapiseiro"



Ola a todos e a todas! Que tal levases a semana? Xa recollestedes o voso cuarto? Seguro que si! Pero, sabedes de que forma poderedes ter as vosas  pinturas e os vosos lapis de cor, todavía máis ordenados?... Pois claro! Con este lapiseiro tan orixinal que vedes aquí!
Atrevedesvos a facelo? Pois só tes que seguir as seguintes instruccións:


Para comezar, debes coller o seguinte material:
- 2 tubos de papel hixiénico.
- Cartolinas ou papel de cores.
- Un trozo de cartón.
- Rotuladores de cores.
- Un lapis.
- Un pincel.
- Témperas, acuarelas ou pintura de dedos.
- Unhas tesoiras.
- Limpapipas.
- Pistola de silicona ou silicona para manualidades.


Unha vez teñas todo, podemos comezar a facer a base do noso lapiseiro. Nós, fixemos un campo verde. Para iso, colle o trozo de cartón e debuxa cun lapis o contorno, despois cortao coas tesoiras e pintao ao teu gusto! Podes debuxar flores de diferentes cores.

Recorda que é importante que poñas algo debaixo para non manchar a mesa.

A continuación, pinta os dous tubos de papel hixiénico das cores que máis che gusten. Nos fixemos unha bolboreta rosa e unha xoaniña vermella.
Cando remates, deixa secar a pintura.






Agora toca facer as alas da nosa xoaniña e da nosa bolboreta. 
Para iso, primeiro debuxa o seu contorno nunha cartolina ou nun folio de cor. Despois recortao e decorao ao teu gusto con rotuladores de diferentes cores. 


Se xa secaron os tubos de papel hixiénico, podes pintarlles a cara e pegarlles as alas con silicona.
Agarda un pouco apretando suavemente para que quede ben pegadiño.
O seguinte paso é pegar as antenas, as cales fanse cos limpapipas. 
Colle un limpapipas e forma unha "V" con el. Logo dobra os seus estremos e terás as antenas listas!
En caso de que utilices unha pistola de silicona para pegalas é mellor que o fagas cun adulto!
Se non tes limpapipas, podes facer as antenas con outros materiais, como por exemplo, cartolinas, papel ou la.
Unha vez remates de pegar as antenas, xa podes pegar a bolboreta e a xoaniña á base.
Para isto, pon un pouquiño de silicona líquida na parte inferior dos tubos, pega ben forte, e agarda un pouquiño.



XA TEMOS LISTO O NOSO LAPISEIRO!!!
Pareceuvos dificil? Agardamos ver as vosas obras de arte!









PROBA CORPO EN FORMA: "As posturas dos animais"
Ola nenos e nenas, que tal estades?
Como xa sabedes, manter a nosa actividade fisica é moi importante, e sobre todo nestes días nos que temos que quedar na casa. Por iso, o reto que vos traemos hoxe é a realización de 4 posturas de yoga a través da visualización dun video moi entretido. O vídeo explicavos como deberedes realizar cada unha das posturas, imitando a postura de 4 animais. Qué animais pensades que vos podedes atopar no video?
A nosa recomendación é que primeiramente vexades o video sen realizar ningunha postura, e unha vez visto todo o video, volvades a visualizalo, esta vez, realizando as posturas que vos indica en cada momento.
Ten boa pinta verdade?
Veña, a que estades esperando, dádelle click ao seguinte enlace e a mover o corpo!

Se algunha das posturas non vos quedou de todo claro ou polo contrario, gustouvos moito e queredes volver a repetila, a continuación deixámosvos tamén un vídeo explicativo de como realizar cada unha das posturas que aparecian no video anterior, así tamén poderedelas perfecionar ata facelas á perfección. Qué vos parece?




Lembra!!
1 foto túa=1 punto
1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto
1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!