RETO 1: 23 de marzo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos
axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será
menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que
ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo obrigatorio
para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.
O reto
consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa, en debuxos, carteis,
pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.
Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando
motores"
Para manterse en forma hai
que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar
ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse de puntillas. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e cas mans na cintura virar o
tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos
brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos
brazos.
Exercicio 5: De pé e cas mans na cintura
virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Lembra!!
1 foto túa=1 punto
1 vídeo teu=10 puntos
1 foto doutra persoa=1 punto1 vídeo doutra persoa=10 puntos
Convida á familia e aos amigos/as a participar no reto!!
