Moi boas, coma hoxe é o día internacional da fresa, que mellor maneira de homenaxear a este delicioso froito ca cunha maravillosa receta de tarta de queixo e fresas. Está boísima e é moi sinxela de facer. Necesitaremos os seguintes ingredientes:
- 20/30 galletas do sabor que queirades
- 250-300 ml de leite
- 1 ovo
- 400 gr de queixo fresco batido
- 1 pizca de canela
- 50 gr de mermelada de fresa
- 10-15 fresas
- Xelatina neutra en pó, ou 3-4 láminas
Como elaboramos a tarta:
Pra comezar, se usamos xelatina en láminas, as poñemos a remollo nun recipiente, que as cubran completamente. Nun recipiente, imos esmagando as galletas en cachiños pequenos, e imos mezclando coa leite., ademáis de añadir un ovo. Batemos todo xunto, ata que quede unha masa algo espesa. Se nos queda moi moi espesa, engadimos máis leite, se queda mais ben líquida, engadimos máis galletas.
Botamos a mezcla nun recipiente, de maneira que cubra toda a base. Metemos o recipiente no forno, a 180º durante 10 minutos.
Mentres tanto, imos vertendo o queixo batido e 50-100 ml de leite nun cazo, é o poñemos a fogo medio. Imos removendo de vez en cando. Engadimos a xelatina e continuamos removendo, ata que se integre toda á mezcla. Cando rematemos, apagamos e deixamos enfriar
Pasados os 10 minutos, retiramos o recipiente do forno e deixamos enfriar tamén.
Unha vez fríos a base da tarta e a mezcla, botamos ésta por riba da base, cubrimos o recipiente e deixamos na naveira durante 4-5 horas.
Pasado este tempo, comprobamos que a tarta está solida. Ssó nos queda poñer a parte de enriba. A cubrimos coa mermelada, e pra rematar, cortamos fresas en láminas para decorar, e listo.
Así quedoume a min, e a vos?
Comentarios
Publicar un comentario